Butacazero
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese).
Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!).
Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo).
Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!).
Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte