A función prevista para este sábado, día 25, a cargo da compañía cántabra Ábrego tivo que ser adiada por problemas de saúde da actriz protagonista.
No seu lugar, o Escenario Hipócrita acollerá unha sesión de historias contadas de viva voz para público mozo e adulto, a cargo de Campa.
“Contar por contar” é o titulo da sesión. A R.A.E di que contar é referir un suceso verdadeiro ou fantasioso e acompaña a definición con algúns sinónimos como narrar, relatar, detallar, expresar. Isto é o que encerra o primeiro contar. O segundo contar remítenos a un encontro de almas para compartir unha viaxe polo camiño das emocións transitando a memoria individual e colectiva. Para que ámbolos dous contares sexan completos, só fai falla unha persoa que conte e outras con gañas de acompañala nesa viaxe.
A cita será este sábado, 25 de maio, ás 20H no Escenario Hipócrita.
ADIADA – Teatro – Lear en las catedrales
Drama baseado no poema de José Hierro “Lear en los claustros”, que porá en escena a compañía cántabra Ábrego
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte