Artefeito
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral.
Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social.
Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.
Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.
Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade en risco de exclusión cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.
A obra está creada pola unión de Artfeito con Igaxes, entidade especializada no traballo con menores en risco de exclusión, e con Culturactiva. A unión de forzas e de sinerxías de calidade está presente tamén detrás do telón para achegar unha peza única.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte