Trátase dun obradoiro dirixido a profesionais e afeccionados á cestería, entidades, asociacións e agrupacións educativas e culturais, particulares e público en xeral, incluindo crianzas acompañadas. Para poder participar é preciso traer tesoira de poda e corda para o atado dos feixes.
Quen o precise poderá aproveitar a xornada para facerse de xeito gratuíto co vimbio quee resulte da poda, obtendo así material para a elaboración das súas cestas, cabazos, sebes, aplicacións artísticas ou mesmo plantar directamente nas súas fincas.
Ana de Diego Ortiz e Mónica Iglesias Veiga encargaranse de acompañar e asesorar ás persoas participantes nesta tarefa, que servirá tamén para coidar e rexenerar a plantación de vimbio deste espazo natural, xestionado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O vicepresidente e deputado de Artesanía e Deseño convidou a participar nesta xornada «que ven sendo un punto de encontro para profesionais e afeccionados á cestería, e que dá continuidade as actividades de promoción da artesanía e da permacultura que se están a desenvolver no Lugar de Reque».
Inscrición aberta
A xornada extenderase de 10.00 a 19.00 horas. As persoas interesadas en
participar deben enviar a solicitude ao enderezo lugardereque@deputacionlugo.or
aberto desde hoxe ata o 31 de xaneiro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte