5 C
Lugo
Lun, 6 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón

25 de abril - 09:30

Xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón

O centro municipal de información europea Europe Direct Lugo organiza este xoves no auditorio do Vello Cárcere unha xornada sobre desinformación e fake news, coa participación do politólogo e investigador Pablo Simón, analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER. A xornada, que será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo, estará dirixida a estudantes e profesorado, especialmente dos centros de ensino da rede de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS) e, en xeral, á comunidade universitaria do Campus Terra lucense.

No evento, que dará comezo ás 9:30 horas, tamén participarán de forma telemática María Campo, membro do equipo de comunicación da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, responsable de educación e mocidade na Oficina do Parlamento Europeo en España. Sobre as 10:30 horas dará comezo a conferencia presencial de Pablo Simón, quen respostará as cuestións e inquietudes que planteen as persoas asistentes.

Detalles

Fecha:
25 de abril
Hora:
09:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95