Abren de novo as salas museísticas municipais.
O Concello de Lugo realizou unha desinfección das instalacións seguindo as indicacións das autoridades sanitarias
Abren de novo as salas museísticas municipais.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que a partir do día de hoxe xoves 01/07 se reabrirán as salas museísticas dependentes do Concello de Lugo. Segundo Maite Ferreiro, “desde a área de Cultura realizouse un protocolo exhaustivo para garantir a seguridade das persoas visitantes, sempre acorde coas últimas indicacións das autoridades sanitarias”. A edil de Cultura informou que “a cabida das distintas instalacións estará limitada e será de preciso cumplir a obriga de levar máscara para todas as persoas visitantes, exceptuando aquelas que, segundo as autoridades sanitarias, estén exentas do seu uso”.

Na Oficina Municipal de Turismo, o aforo máximo será de dúas persoas. No caso de visitar o Centro de Interpretación da Muralla, limitarase a 5 persoas un unha unidade familiar de persoas convivintes.

De cara ao MIHL, as exposicións poderán visitarse por 50 persoas, mentres que a sala de Grupos, que se cede habitualmente a asociacións locais para o seu uso en distintas actividades, a cabida máxima será de 40 persoas. A caixa negra estará limitada a 80 persoas.

O centro arqueolóxico de San Roque e a sala de exposicións Porta Miñá estarán limitados a 5 persoas ou unha unidade familiar de persoas convivintes, do mesmo xeito, a cabida da casa dos mosaicos será de 3 persoas ou unha unidade familiar.

«A Casa dos Mosaicos permanecerá pechada para realizar unha modernización e unha actualización técnica das instalacións», declarou Maite Ferreiro.

No centro cultural do Vello Cárcere, limitarase a cabida segundo a instalación a visitar, podendo entrar 29 persoas nun acto do auditorio, 25 nos actos organizados no patio, 15 visitantes ás exposicións e 10 participantes no espazo de lecer. As actividades presenciais que se desenvolvan terán a cabida limitada a 8 persoas