Este domingo 11 de xullo celebrouse a 21 edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo que promove a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello.
37 artistas chegados de Segovia, Sevilla, Madrid, A Coruña, Toledo, Valladolid, Pontevedra, Coruña, Avilés, Xixón, Lugo, León, inmortalizaron distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.
O xurado, composto por Ana Santiso Vilar, muralista; Senén Olano Álvarez, docente, e Vanessa Somoza Dominguez, artista plástica; visitou todas as obras e procedeu á deleberación que deu como gañadores Rafael Carrascal García, co 1º premio (1.600€ e diploma), Vicente Soto Fernández, co 2º premio (1.100€ e diploma), Alberto David Fernández Hurtado co 3º (900€ e diploma).
Os 6 accésit (300€ e diploma) foron para os seguintes participantes: Oscar Hernàn Mìnguez, Roberto Castro Iglesias, Pablo Rodríguez de Lucas, Alexandre Otero Paz e Pío Costa Beiro.
En canto ao premio para o artista local, de 450€ e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a Andrès Haensel Solorzano, recoñecido músico que forma parte dos Conducto Coloquio e acaba de lanzar o seu propio proxecto musical en solitario, tan hábil cos pinceis – ou máis – como coas teclas do piano. Un artista top a descubrir.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte