A exposición «Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois» que pode visistarse estos días na rúa da Raíña, achega á veciñanza de Lugo os 20 anos de historia dunha iniciativa promovida polo tecido asociativo da cidade como é o enterro da sardiña.
Enterro da Sardiña
O mércores 26 terá lugar o Enterro da Sardiña.
Ás 19:00 o quiosco da música da praza Maior acollerá o Velorio da Sardiña. Todas as persoas que queiran acompañar á familia no Velorio están convidadas. Así mesmo, poderán deixar constancia da súa pena no libro de firmas.
Ás 19:30 a Santa Compaña fará un percorrido pola praza Maior cantando miseres en latín, e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da Sardiña.
Ás 20:00 comezará o Enterro da Sardiña. O cadaleito sairá do quiosco para se incorporar á procesión no Circulo das Artes e percorrerá diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes