O Patrimonio Arqueolóxico do Courel no Museo de Lugo que reúne nunha mostra pezas procedentes das escavacións realizadas no castro da Torre do Courel.

O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición temporal “Patrimonio Arqueolóxico do Courel. As intervencións no castro da Torre”,  que reúne unha escolma da cultura material procedente das escavacións realizadas no xacemento de Sobredo, en Folgoso do Courel, entre os anos 1993 e 1997 polo arqueólogo Antonio Álvarez Nuñez.

A mostra, comisariada por Enrique Alcorta, Iván Álvarez, Aurelia Balseiro e Mª Ofelia Carnero, trátase dunha mestura de pezas inéditas, custodiadas nas zonas de reserva do MPL entre as que destaca un trefilador datado, con outras expostas acotío na Sección de Prehistoria e Arqueoloxía como a cerámica da Cova do Oso, a aguia e a tabula hospitalis do Courel.

Maite Ferreiro convidou a visitar a exposición, que se atopa na sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Museo, destacando que “ademais das pezas, nos achega tamén á metodoloxía e as formas de traballo en
arqueoloxía nos anos noventa”.

Fonte: Gab. Com. Museo de Lugo