XAN 2018 Máis de 20 mostras e coleccións  acollerán as salas expositivas dos museos de Lugo dependentes da Deputación (Museo Provincial de Lugo e Rede Museística Provincial, CENTRAD e a sala expositiva do propio Pazo de San Marcos) ao longo de todo o 2018 e nas que se poderán desfrutar de obras de pintores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura.

A ampla programación escollida baixo os postulados da nova museoloxía – espazos expositivos de diálogo social máis que de contemplación – e coa que obtivo cinco recoñecementos no 2017,   recolle gravado, pintura, escultura. Máis exemplos: a obra do escultor Pepe Galán; o traballo do arquitecto e escultor chantadino, Manuel Jorge; unha retrospectiva do profesor mindoniense-valenciano, Juan Puchades; a colección de Luís Seoane; acuarelas de Elías Seguro así como mostras de traballos colectivos, cun marcado carácter social como Culturas en diálogo ou Fotografía a cegas.

Destacar a achega gratuíta da familia de Álvaro Gil Varela de parte da súa obra na que poderemos desfrutar das obras de pintores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, entre outros grandes artistas da historia do arte

Esta mesma semana inaugúranse as exposicións do CENTRAD. “o vindeiro venres 19 de xaneiro, a Capela de Santa María acolle a primeira mostra do 2018, baixo o título “Sons do barro”, que recolle unha colección única e excepcional dun centenar de instrumentos sonoros feitos con arxila. Despois continuará coa programación musical do MUSICAD, así como unha mostra de Traxandaina sobre vestimenta tradicional galega. Ademais o artista viveirense Otero Regal exporá a súa obra máis recente e haberá unha retrospectiva do traballo dos zoqueiros na provincia”. Deputada de Cultura, Pilar García Porto

Este avance da programación tivo lugar no Museo Provincial de Lugo, na sala dun das expos máis recomendables e que aínda se pode visitar: «Ephemera» de David Catá, e interviron o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde xunto á Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e ás responsables da Rede Museística Provincial e o CENTRAD, así como persoal dos museos.

VER TODA A PROGRAMACIÓN  de exposicións do Museo Provincial de Lugo e o Centrad para o 2018

OUTROS ARTIGOS:

Aberta no Museo Provincial de Lugo a primeira sala específica de Arte Africano en Galicia

Preto de 111.000 persoas visitaron a Rede Museística da Deputación no 2017, un 7% máis que o ano anterior