A inscrición no «Club de Lectura de Cómic» da Biblioteca Pública de Lugo será o 15/09

As persoas «fans» do comic teñen unha cita na Biblioteca Pública de Lugo no seu Club De Lectura do Cómic. Dirixido a público adulto, terá lugar un mércores 19:30 horas de cada mes. A inscrición abre o día 15 de setembro ás 9:30 h.  mediante formulario online e tamén de maneira presencial na Biblioteca. A admisión será por orde de presentación da solicitude e só serán avisadas as persoas admitidas

As sesións presenciais do club de lectura deben adaptarse as novas esixencias sanitarias:

O número de inscritos seguirá a ser de 20 participantes; pero a asistencia ás sesións presenciais verase limitada a 10 participantes de maneira simultánea. Para os outros 10 inscritos que queiran participar habilitarase unha plataforma para facilitar a súa asistencia en línea.

O Club de Lectura de Cómic é un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e sensacións ao redor de una mesma paixón, as novelas gráficas e os cómics.

Abre o "Club de Lectura de Cómic" na Biblioteca Pública de Lugo