Alex Alonso, nado en 1968 en Pontevedra, resultou gañador do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, coa obra "Bulling"

O xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, composto por María Marco Covelo, Ánxela Gracían e María Dolores Araújo Fernández – gañadora da edición do ano anterior – premiou a obra Bulling, de Alex Alonso.

Recibirá un premio de 4.000€ e será publicada por Edicións Xerais de Galiza.

Bulling trata sobre diferentes aspectos de plena actualidade como as redes sociais, a homosexualidade másculina e o acoso escolar.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, chamou ao gañador para felicitalo e mantivo un conversa coas integrantes do xurado.  

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a xuntanza telemática do xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza