Eloxiemos Agora a Persoas Famosas

Xente con clase

Fotografías de Adra Pallón

De qué falamos cando falamos de fotografía? De quén falamos cando falamos de Adra Pallón? Canto falan da súa persoa as súas fotos? Canto calan? 

Nesta serie número 9 de «Eloxiemos Agora a Persoas Famosas – Xente con clase», o gran proxecto que está a facer o fotógrafo lucense sobre a nosa cidade, o formato das imaxes é panorámico… Froito da experimentación? ou, necesario para o que quere contar? Qué quere contar?! 

Que cada quen saque as súas conclusións ao ler a serie, cada fotografía fala soa, en conxunto dan vida a un relato.

Adra Pallón é un maxistral fotógrafo de Lugo con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.