O poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil lucense Xerardo Quintiá (Friol 1970) suma un novo premio literario, o XLVI Certame Literario de Vilalba, un novo recoñecemento tras gañar na súa carreira os premios Fermín Bouza Brey, Fiz Vergara Vilariño,  Eusebio Lourenzo Baleiron e o premio Lueiro Rey. 

A obra gañadora é «Obra inacabada de Dosinda Christensen», que competiu con outras 86 obras e foi considerada polo xurado formado por Darío Villanueva, Ramón Villares, Xulio Xiz e Fidel Fernán como digna merecedora de tal recoñecemento. 

O Certame Literario do Concello de Vilalba, na actualidade consagrado a premiar obras de poesía que posteriormente se publican en libro -sendo un doble premio para os seus autores- ten unha longa traxectoria iniciada en 1975, sempre cun moi alto nivel de calidade e importante participación.

A especialización do Certame na poesía en galego, e a publicación anual dos textos premiados, convirten a este Certame nun especial punto de referencia cultural e social, un dos acontecementos máis importantes para os vilalbeses e para a literatura en galego.

 

O lucense Xerardo Quintiá gaña outro premio literario