ses

* SES - Xira ‘Readmirando a condición’ - Sábado 26 de maio 20.00h (Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo)
* As entradas están á venda en Ticketea
*O traballo, no que volve gravar e arranxar por completo aquel seu primeiro disco, inclúe un tema inédito, “Readmirando a condición”

Maio 2018 Se hai uns meses, este San Froilán do 2017 decíamos que «María Xosé Silvar “Ses” toca todas as fibras sensibles no seu concerto do San Froilán«, non hai máis que ver as fotos, estamos seguros que volverá a pasara este sábado 26 de maio na súa volta a Lugo: SES presenta o sábado 26 de maio en Lugo o seu novo disco, ‘Readmirando a condición’. Será no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20 horas e podes mercara as entradas en ticketea

Neste novo traballo, publicado o pasado 1 de decembro, a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011, ademais dun tema inédito -e homónimo- que se pode escoitar neste videoclip en Youtube, que xa acadou máis de 20.000 visitas.

O espectáculo forma parte da xira que a está a levar por varias cidades galegas (A Coruña; Vigo; Vilagarcía; Narón; e Lugo o 26), ademais de Barcelona, Madrid, Bilbao e Lizarra ao día seguinte. Neste ‘tour’ as súas fans poden escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

Este novo disco só se vende nos concertos da banda e na súa web.