25/09 Fumos ao II Festival do Leite como vamos ás romerías: con amigos e para atopar outros que vemos de cando en vez, con ganas de troula, de cantar e bailar …ao ritmo de Siniestro Total, Terbutalina, Adrian Costa & The Criers, Best Boy, Os Amigos dos Músicos, Escuchando Elefantes, Atrás Tigre, Musel, Caxade, The Funkles, Primordiais, Cachas & Cousins … De algún grupo non hai fotos: estábamos bailando. De algún outro non hai entrevista: estábamos comendo. De outro nin fotos nin entrevista: arre demo, imos deixalo en que estábamos descansando 😉
Máis de 12 horas de concertos e actividades para os pequenos – por favor boa xente de Deleite, máis para a tercera edición – confirmaron cousas que xa sabíamos – somos uns listillos, sí -: esa zona do río é perfecta para este tipo de eventos, a música galega vive un dos seus momentos máis doces da Historia: folk, pop, rock, soul … concertazos deron as bandas que congreraon ao longo do día a milleiros de persoas.
Organizado, por Deleite Galego, polo vivido creemos que foi todo un éxito, agardamos que os datos o confirmen, porque ademáis foi un festival solidario: recollida de alimentos para a Federación Galega de Bancos de Alimentos e os beneficios das barras foron destinados a ONGs que traballan coas persoas refuxiadas.
![](https://4.bp.blogspot.com/-oP6IG2EpzGI/WcjWcL0qdyI/AAAAAAAAAeI/0WQ584lxtd0R3C6IK_kfvFOs5E89Dt0qgCLcBGAs/s640/1_Lugo_FestivaldoLeite2017.jpg) |
The Funkles, versionean aso Beatles como ninguén no Mundo. Grandes clásicos a ritmo de soul e funk que os diferencian das típicas bandas tributo e xa os levaron a triunfar na International Beatle Week de Liverpool |
![](https://2.bp.blogspot.com/-NiyuiNewU6E/WcjXE1XYVAI/AAAAAAAAAfY/eRqxAU_xtU8B74y998bG8ZImsREur1sQACLcBGAs/s640/8_Lugo_FestivaldoLeite2017_MG_7867.jpg) |
Para nos o Touriñán dixo: se queres enterarte de todo o que pasa en Lugo, sigue a Viva Lugo nas redes 😉 … para o público fixo un monólogo destornillante … público e nosoutros, máis que contentos 🙂 |
![](https://3.bp.blogspot.com/-Z97xdOSknaI/WcjWPUAmFCI/AAAAAAAAAds/JL_Aqrp7TwIu8vraezG0QCFCJXkzNHAWQCLcBGAs/s640/14atrastigre_festivaldoleite2017_4.jpg) |
Atrás Tigre son «carne de Facela«, cun nome escollido seguindo os principios dadaístas a súa música está ben lexos deles: pop ben construido, con xeito e xeitoso, influenciado por The Cure, The Smiths, Slowdive, The Field Mice … tocaron cancións tanto de «Fainos saír» como algún tema novo e recomendaron: «atentos ao Galician Bizarre III … DISCAZO ao canto! « |
![](https://4.bp.blogspot.com/-JrYHRB5BSiY/WcjWZLjG9iI/AAAAAAAAAeA/7fxTOEHoZogzWq3WArzAZ4SX8IEWPLvTACLcBGAs/s640/19osamigosdosmusicos_deleite23092017-_MG_8091_2.jpg) |
Os Amigos dos Músicos non só nos regalaron un directo maravilloso, tamén, un par de momentos emocionantes: pai e fillo cantando, acompañados polo grupo, e o recoñecemento dende o escenario para todos aqueles que programan ao longo de todo o ano nas ciudades e vilas |
![](https://2.bp.blogspot.com/-75P4DuUaFsM/WcjW2bV0EOI/AAAAAAAAAe4/pg54R8BFedQ7vlUCHyGXitHnF-hpkkJ0gCLcBGAs/s640/25osamigosdosmusicos_23092017-_MG_8403.jpg) |
Rematar o concertó, «mimar» o instrumento |
Clica nas fotos para velas máis grandes.
Licencia Creative Commons: reconocimiento- non comercial- sen obras derivada (comparte citando a fonte … e non as vendas, básicamente). Calqueira cousa:
contacta