Setembro 2019 Chega a edición XIV do Sanfroidance, a edición máis galega – 100% dos artistas- da súa historia. O festival de música negra e electrónica organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound Events, celebraráse na Praza da Soidade de Lugo o sábado 5 de Outubro de 2019 a partir das 15:00 horas dentro da programación das festas patronais do San Froilán.
Este ano ademais da música, o programa trae unha novidade: I Campionato Nacional de #Xiradiscos Portátiles, comisariado polos Dj´s José Rodriguez e Ozetak
A presentación do festival corre da man do Beatboxer Izh Rhan e a parte visual correrá a cargo do VDJ Lucense #DobleK.
A imaxe do cartel anunciador é dun dos grafiteiros máis importantes do país, coñecido tamén internacionalmente polas súas obras de arte, Zeta1970.
Rendi Nue (17:00 horas)
Bush Doctors (18:00 horas)
MarvinL (19:00 horas)
Erin (20:00 horas)
FonKid ( 20:50 horas)
Mandruka ( 22:00 horas)
DjLimbo (23:20 horas)
Gama (24:30 horas)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte