Chucho, Soleá Morente e… Christina Rosenvinge. Vaia ritmo de anuncios levan os facelas para a quinta edición. Só con estes tres nome xa merece a pena comprar as entradas anticipadas a 30 euros para o Facela Fest (quedan máis artistas por anunciar pero este tridente é máxico e ben valen a entrada)

Christina Rosenvinge estará no Fa Ce La Fest 5 en Lugo (14-17 Maio) e ademáis de facer un repaso á súa longa e xenial obra (discos marabillosos como «La joven dolores», «Tu labio superior» ou «Verano fatal» en colaboración con Nacho Vegas) tocará temas do seu último álbum «Un hombre rubio» que a levou de xira por Chile, México e Argentina e foi premio «MIN al Mejor Disco de Pop 2018».