Concertos do San Froilán 2019 – Artistas confirmados: Dulce Pontes, Def Con Dos, Sés, Mastondonte, Tanxugueiras, Don Patricio, Nao, Ray Gelato & The Giants, Los Enemigos, La Habitación Roja, Familia Caamagno e o concerto con solistas de grupos como Inhumanos, Javier Gurruchaga da Orquesta Mondragón, Miguel Costas de Siniestro Total e Aerolíneas Federales, e Bernardo de Los Refrescos, Cómplices e Iguana Tango.
Setembro 2019 Primeiros de setembro e a un mes das festas patronais a programación dos concertos do San Froilán 2019 comeza a ter forma. Dulce Pontes, Def Con Dos, Sés, Mastondonte, Tanxugueiras, Don Patricio, Nao, Ray Gelato & The Giants, Los Enemigos, La Habitación Roja, Familia Caamagno e o concerto con solistas de grupos como Inhumanos, Javier Gurruchaga da Orquesta Mondragón, Miguel Costas de Siniestro Total e Aerolíneas Federales, e Bernardo de Los Refrescos, Cómplices e Iguana Tango son os artistas confirmados a día de hoxe.
Ademáis, os artistas lucenses terán este ano máis protagonismo, según informa a Concellería de Cultura, xa que estánse a poñer en contacto con eles para que den concertos nas festas.
Concertos por datas confirmadas
Venres 04/10 Familia Caamagno na Pza de Santa María
Sábado 05/10 La Habitación Roja na Pza Horta do Seminario
Sábado 05/10 Sanfroidance na Praza da Soidade
Domingo 06/10 Tanxugueiras na Pza de Sta María
Domingo 06/10 Dulce Pontes na Pza Horta do Seminario
Luns 07/10 Ray Gelato and The Giants na Pza de Sta María
Xoves 10/10 NAO na Pza de Santa María
Venres 11/10 Don Patricio na Pza Horta do Seminario
Sábado 12/10 Los Enemigos na Pza Horta do Seminario
Últimas confirmacións: Don Patricio, Nao e Ray Gelato
Don Patricio
Don Patricio, rapeiro con máis de 100 millóns de reproduccións no seu canle do You Tube. O vimos xunto a Locoplaya no Novafest do 2018 no Pazo de Feiras de Lugo.
NAO
Os galegos NAO tocarán por primeira vez no San Froilán o 10 de outubro na praza de Santa María, dentro da súa xira de despedida. Premio Martín Códax da música galega na categoría de Metal no ano 2015. Nestes máis de trece anos, destacaron por ser unha banda cun forte compromiso social, cun dos mellores directos do panorama galego dos últimos tempos e por ser un referente ideóloxico e musical para máis dunha xeración. Os seus concertos caracterízanse por ter unha afluencia masiva de público que corean as letras da banda de comezo a fin.
Ray Gelato & The Giants
Concerto o 7 de outubro na praza de Santa María que traerá toda a enerxía do mellor jazz clásico de sempre.
Ray Gelato foi quen, con The Chevalier Brothers, recuperou nos anos 80 o concepto das Big Band tradicionais e os vellos sons dos anos 40 e 50, cun éxito sen precedentes que o mantivo en xira por varios continentes durante case unha década.
Posteriormente, con The Giants of Jive, comezou unha nova época que se consagrou nos anos 90 baixo a denominación “The Ray Gelato Giants”. Na actualidade, posúen varios números 1 e son admirados por outros grandes como Paul McCartney ou Bryan Adams.
La Habitación Roja
É un grupo de pop-rock indie, orixinario da localiade valenciana de La Eliana. Con 20 anos enriba dos escenarios son, a día de hoxe, uns auténticos veteranos no indie estatal. Son un claro exemplo de como desenvolver unha carreira de fondo, constante e sempre a máis sen dar pasos en falso, moldeando á súa medida o pop e o rock alternativo. Ás súas costas levan 11 álbums e outros tantos EP e sinxelos.
Los Enemigos
No Madrid de 1985 nacen Los Enemigos, grupo que dende o seu nacemento se converteu nunha das bandas máis importantes do rock en español. No mesmo ano da súa formación gañan o concurso de rock Villa de Madrid, e ao ano seguinte gravan o seu primeiro álbum. Entre 2001 e 2002 publican dous recopilatorios cos directos da súa xira de despedida, regresando de novo aos escenarios en 2012. Realizaron múltiples colaboracións en discos homenaxe a Joan Manuel Serrat, Rosendo, Mercado, Burning ou Federico García Lorca, na recopilación en defensa da oficialidade da lingua asturiana “L´asturianu muévese”, e en bandas sonoras de películas como “Tengo una casa” de Mónica Laguna. Nesta edición da gran festa do outono galego, contaremos con Los Enemigos na noite do 12 de outubro na Praza Horta do Seminario.
Familia Caamagno
O grupo galego Familia Caamagno actuará o día de inicio das festas na praza de Santa María. Comezaron a ensaiar no ano 2010. No 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, “Familia Caamagno” e o sinxelo “Cantan polo Nadal!”. As aparicións na TVG e as boas críticas dos medios especializados fixeron que conseguiran un oco na axenda musical galega. No ano do seu debut levaron o primeiro premio do Concurso de Bandas da Deputación da Coruña. Neste ano están a presentar o seu novo disco “Había que Intentalo!”.