«A maxia de Núria Graham envolverate nun feitizo marabilloso» prometíamos no artigo que anunciaba o concerto, e así foi, a suma Tele-Clube, Vexetarian e Núria Graham resultou ser un dos concertos do ano en Lugo.

Unha sala de cine restaurante, unha artista nun gran momento, un son incríble e unha máis que boa organización para un evento que debería repetirse unha vez ao mes visto o éxito de público – cheo total – e a multitud de comentarios positivos, aunar a música coa gastronomía, en Lugo, funciona.