Febreiro 2019 O anunciamos como «o mellor swing do mundo» e podemos asegurar que o do mellor swing do mundo non sabemos se é verdad pero que a xente o pasou en grande no concerto de Cherry Sweet é quedarnos cortos. A súa interpretación «vintage» de clásicos de toda a vida (ABBA, Tina Turner, Aretha Franklin, Madonna…) conquistou a todos e cada un dos espectadores que encheron ata arriba o Vello Cárcere de Lugo.
Mención especial ás voces – supremas – e á simpatía desbordada que fixo que conectaran co público dun xeito único e á xente do swing de Lugo: Venreswing e Swing Jazz Lugo por animarse a bailar e poñer a guinda perfecta ao espectáculo.