Tres novas datas na terceira edición de #LiberdadesSonoras, o ciclo diseñado para O Vello Cárcere de Lugo por WOS + CLAP Club Lúdico de Arte y Patafísica e Cultura e Turismo de Lugo.
O domingo 7 de abril os holandeses Jungle By Night despregarán nun concerto especial ao aire libre ao carón do cárcere a súa explosiva mezcla de krautrock, dance, jazz e afrobeat.
O venres 3 de maio acompañaranos a lisboeta Clothilde coa súa hipnótica exploración de texturas con sintetizadores modulares.
Finalmente, pechando esta terceira edición, o agardado regreso dos lucenses Holywater o 8 de xuño.
Marzo 2019 Volven a casa. Volven e deberíamos colgar un SOLD OUT en toda regra no Vello Cárcere. Unha das mellores grupos da historia da música de Lugo, HOLYWATER -bandcamp-, pechará o ciclo Liberdades Sonoras e o homenaxe en forma de sold-out é máis que merecido.
Corrían finais dos 90 e Ricardo, Martín, Luis e Laura formaban a banda que en moi pouco tempo convertiríase nun dos grupos de Lugo con maior repercusión na península. Tras cambios na formación orixinal, seis publicacións e sete anos de silencio discográfico están de volta para estrear un novo traballo “Arboreal” (Ernie Records, 2019), a súa sétima referencia, gravado o pasado agosto.
Holywater -fb- Sábado 8 de xuño Vello Cárcere de Lugo Portas 20:00 Entrada libre ata completar capacidade
La de veces que hemos puesto esta canción…
Clothilde
Sofía Mestre -bandcamp- , alias Clothilde, gravou o seu primeiro álbum ‘Twitcher’ (Labareda, 2018) a piques de cumprir os 40. Para iso utilizou tecnoloxía exclusiva: modulares e outros aparellos feitos a man, polos que déixase impulsar e guiar.
Con eles crea texturas, patróns e melodías que se difuminan nun fluxo harmónico e sensorial, reminiscente da herdanza do post- minimalismo.
A súa combinación única de claridade, fluxo de pensamento e estrutura musical fai que o seu traballo destaque entre os artistas máis atípicos de Portugal.
Clothilde
Venres 3 de maio
Vello Cárcere de Lugo
Portas 20:00
Entrada libre ata completar capacidade
Jungle By Night
Jungle By Night -web- é un grupo de nove mozos procedente de Amsterdam que ten convertido moitas pistas de baile en verdadeiros caldeiros: desde Istambul ata Tokio e desde París ata a illa de Vlieland, ninguén pode resistirse á súa arrebatadora enerxía entre krautrock, dance, jazz e afrobeat.
O seu anterior álbum, “The Traveller” (2016), estableceu o seu camiño a través da xungla, penetrándose cada vez máis nun mundo descoñecido. A súa nova referencia, “Livingstone”, publicada novembro do pasado ano baixo a prestixiosa discográfica de música dance e electrónica Rush Hour, abre novas portas na súa poderosa proposta.
Estarán en O Vello Cárcere de Lugo, dentro do ciclo Liberdades Sonoras, dedicado á procura de novos camiños nos xéneros musicais tradicionais, nun concerto ao aire libre ao carón do cárcere, no Cantiño Nemesio Cobreros.
Jungle By Night Domingo 7 de abril Cantiño Nemesio Cobreros, Vello Cárcere de Lugo
19:00 Entrada libre
LIBERDADES SONORAS
O programa Liberdades Sonoras, cunha liña clara e definida de contidos diseñada especificamente para o Vello Cárcere de Lugo, propón unha serie de espectáculos que, en contraposición á función do edificio nos seus usos pretéritos, acheguen hoxe á cidade un valor cultural engadido, unha fonte de desenvolvemento e cohesión social, de exploración e de descubrimento.