Isabel Villanueva e François Dumont en concerto. Martes, 7 de febreiro de 2023, 20:00 h. no Círculo das Artes de Lugo.
Recibiron o premio ao Mellor Álbum de Música Clásica do Ano nos Premios MIN da Música Independente 2018, sendo a primeira vez que un álbum de viola recibe este galardón.

A Sociedad Filarmónica de Lugo presenta en concerto a Isabel Villanueva, viola, e François Dumont, piano este martes 07/02 ás 20:00 no Círculo das Artes.

Programa:

Rebecca Clarke (1886-1979) Sonata para viola e piano

Johannes Brahms (1833-1897)  Sonata en mi bemol maior N.º 2 Op. 120

Dmitri Shostakóvich (1906 – 1975)  Sonata para viola e piano Op. 147 (Op. Post)

Isabel Villanueva, viola

Os importantes recoñecementos recibidos avalan a súa fulgurante traxectoria e a súa desbordante enerxía e talento, Premio El Ojo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica 2019 que outorga a Comunidade de Madrid, entre outros, Isabel Villanueva é unha das violistas máis valoradas e completas da actualidade. 

O seu primeiro álbum Bohèmes en dúo xunto á pianista François Dumont recibe o premio ao Mellor Álbum de Música Clásica do Ano nos Premios MIN da Música Independente 2018, sendo a primeira vez que un álbum de viola recibe este galardón.

Isabel Villanueva é regularmente profesora invitada no Royal College of Music de Londres. En 2015 recibe recoñecemento de Marca España como ’embaixadora do talento español no mundo’.

François Dumont, piano

François Dumont, foi galardoado nos concursos internacionais máis destacados, como o Raíña Elisabeth en Bruxelas, Chopin de Varsovia, Internacional de Cleveland EUA, Clara Haskil en Suíza, Hamamatsu de Xapón, Top of the World de Noruega e o Piano Master de Montecarlo.

Tamén foi nomeado para as Victoires de la Musique na categoría Solista Instrumental e recibiu o Premio Revelación da Crítica Musical Francesa.

A súa integral da obra para piano de Ravel para Piano Classics recibiu un FFF de Télérama así como 5 estrelas de Diapasón.