Kyr4, Bejo e Luna Ki en concerto en Lugo no II Nadal Fest

O Patio do Seminario acollerá a segunda edición do Nadal Fest con Kyr4, Bejo e Luna Ki o vindeiro xoves 22 de decembro a partir das 19.30h.

A entrada aos concertos será libre e gratuíta para un aforo aproximado de 2.000.

Kyr4 (A Coruña, 1999). Iniciou no mundo do hip hop este ano co seu tema ‘Cantandote al oído’, que axiña se converteu nun fenómeno viral, espertando o interese do gran público. 

Bejo (Tenerife, 1994). É un dos artistas máis interesantes e polifacéticos do rap nacional. Desde as súas actuacións con Locoplaya aos seus concertos, Bejo expón os seus espectáculos como unha festa fóra de calquera tópico que, ademais de gañarse o interese mediático, levoulle a estar presente nos carteis dos mellores festivais e a cruzar o charco para USA, México, Ecuador, Colombia, Chile e Arxentina. Será a súa primeira vez en Lugo en solitario.

Luna Ki (Barcelona, 1999). Empezou a cantar para canalizar na música toda a dor, a incomprensión e o desprezo que sufriu na adolescencia; e isto reflíctese dunha maneira ou doutra en todas as súas cancións. En 2018 publicou o seu primeiro tema e, en pouco tempo, os seus fans convertéronse en lexión.

Unha actividade organizada pola Concellería de Xuventude.

 

Fonte: fb de Bejo.