A Sociedad Filarmónica de Lugo trae en concerto á Real Filharmonía de Galicia. Venres, 2 de decembro de 2022 - 20:00 h. - Círculo das Artes de Lugo

Con Birgit Kolar, violín e Rubén Gimeno, dirección, a Real Filharmonía de Galicia interpretará o seguinte programa:

Béla Bartók: Divertimento para cordas, BB 118

Ludwig van Beethoven: Concerto para violín, op. 61 en Re maior

Venda de entradas no Círculo das Artes. É posible a reserva de entradas no correo filarmonicadelugo@gmail.com
 

Promove: Sociedad Filarmónica de Lugo

Birgit Kolar, violín

Naceu en 1970 en Waidhofen/Ybbs (Austria), onde, á idade de seis anos, comezou a estudar o violín na escola de música local.

Desde 1982 estudou na Universidade de Música de Viena co concertino da Orquestra Filharmónica de Viena, Rainer Küchl e o seu asistente Jela Spitkova. Continuou os seus estudos con Wolfgang Schneiderhan en Lucerna, Robert Masters en Londres e Josef Luitz en Viena.

En 1992 foi finalista e premiada no Concurso Internacional Yehudi Menuhin, onde deu un concerto baixo a batuta de Lord Menuhin.

Ofreceu concertos como solista en varios festivais de Europa, O Xapón e Sudamérica.

Do 1999 ao 2008, Birgit Kolar tocou con membros da “Symphonieorchester deas Bayerischen Rundfunks”, e do “Münchner Streichquartett”.

En 2009 fundou xunto con membros da “Wiener Philharmoniker” e da “Wiener Symphoniker” o “Seraphin Quartett Wien”.

Birgit Kolar foi concertino da Orquestra Bruckner de Linz, a Orquestra Sinfónica de Viena e ata 2005 da Orquestra da Radio de Munich.

Como concertino, foi convidada a varias orquestras europeas, como a Orquestra Estatal de Baviera (Münchner Staatsoper), a Orquestra Sinfónica do Gran Teatre do Liceu, a Orquestra Filharmónica BBC, a Orquestra Filharmónica de Bergen, a Orquestra Filharmónica de Copenhague, etc. e regularmente coa Orquestra Filharmónica de Viena.

Do 2003 ao 2009 foi docente na Universidade de Música de Viena, e en 2011 na Universidade de Arte de Graz.

Birgit Kolar toca un violín Carlo Bergonzi, Cremona 1723 da colección de instrumentos propiedade do Banco Nacional de Austria.

Birgit Kolar
Rubén Gimeno, director

Rubén Gimeno é actualmente Responsable da Joven Orquesta da Comunidad de Madrid (JORCAM) e Director Artístico da Joven Orquesta de Euskadi (EGO).

Foi o director titular da Orquestra Sinfónica do Vallés desde 2009 ata a tempada 15/16, e segue sendo convidado anualmente para diversos proxectos.

Como director convidado colaborou con moitas das orquestras españolas, como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de España, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, a Orquestra Euskadi, a Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Orquestra Sinfónica de Bilbao, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Orquestra de Málaga, Orquestra de Valencia, Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña, a Orquestra Ciudad de Granada, a Orquestra Filharmónica de Oviedo, a Orquestra da Comunidad de Madrid, a Orquestra do Palau de Les Arts ou a Orquestra do Gran Teatre do Liceu.

Fóra de España dirixiu a Orquestra Sinfónica de Norrkoping, a Orquestra Sinfónica de Gävle, a Orquestra de Cámara de Xenebra MMCK (O Xapón), a Orquestra da Universidade de Maryland, a Orquestra SAMI (Suecia) e a Orquestra Nacional de Colombia, colaborando con solistas. como Lang Lang, Midori, Violeta Urmana, Steven Isserlis Dimitri Sitkovetsky, Fazil Say, Gabriela Montero, Behzod Abduraimov, Maria Bayo, Michel Camilo…

A súa actividade no campo da lírica levouno a dirixir as producións do Teatro Campoamor de Oviedo de Marina, La Gran Via e Agua, Azucarillos y Aguardiente. Dirixiu Cádiz, de Chueca, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e La del Soto del Parral no Teatro da Zarzuela. Así mesmo desenvolve unha intensa colaboración dentro do ciclo “Ópera en Cataluña” dirixindo os Contos de Hoffmann, L’Elisir d’Amore, Nabucco, Boheme, Madame Butterfly e Goyescas entre outros.

Gravou coa Orquestra Sinfónica de Euskadi para o selo Claves, dentro da súa serie de compositores vascos.

Real Filharmonía de Galicia