O Caudal Fest nominado aos European Festival Awards na categoría de mellor festival de mediano formato.

O Caudal Fest está nominado aos European Festival Awards na categoría de mellor festival de mediano formato que premia ás celebracións que teñen unha capacidade diaria de audiencia de entre 10.000 e 39.999 persoas.

Desde a súa creación en 2009, os European Festival Awards recoñecen os logros colectivos dos festivais musicais. Son os galardóns máis prestixiosos de Europa e nas súas 16 categorías valoran os logros dos organizadores e provedores no sector e honran aos festivais e ás persoas que dedican especial atención á seguridade, conciencia social, visión de futuro e sostibilidade.

Os premios contan con participación a través de votación, e o prazo para o público está aberto ata o mércores, 7 de decembro, a través de europeanfestivalawards.org.

O Caudal Fest xa acadara na súa primeira edición – 2018 – dúas nominacións a estes galardóns, nas categorías de: ‘Best New Festival’ (festival revelación) e ‘Best Medium-Sized Festival’ (mellor festival de mediano formato), repetindo esta última no 2019.

O Caudal Fest prepara xa a súa edición de 2023 nas datas 15 e 16 de setembro coa presenza de grupos e artistas como Leiva, Vetusta Morla, Sidonie, La La Love You, Ojete Calor e Berto Banda, entre outros.