Enfeitizar: exercer influencia sobre (algo ou algúen) por medios máxicos (Real Academia Galega)
29/09 O que mellor describe o vivido no concerto de Pantis é de haber sido enfeitizados polos ritmos pop e kraut que dende o escenario do Clavi foi repartindo Rubén «Pantis», un a un, tema a tema, a tódolos presentes.
Atopei a Pantis carrexando o seu teclado rúa arriba cara a sala de concertos. Así leva unha boa temporada e así xurdiu o proxecto: «unha proposta musical persoal que poda levar a calqueira sitio onde eu, por circunstancias vitais, me atope» Portugal, O Grove, Brasil, O Grove … emigrar para buscarse a vida ou viaxar para ir tocar a Praga ou Berlín … Pantis hipnotiza alá onde vai co seu disco «Pranto»
Atopei a Pantis poseído no escenario, convulsionando e facéndonos convulsionar. Fascina ver que cada un leva dentro infinitas emocións e que alguén, coma Rubén, sabe tocar coa súa música as que máis forte latexan, e así, acabar todos bailando, totalmente hipnotizados mirando hacia un punto que oscila no escenario: un home eléctrico e poderoso tras o seu teclado e múltiples pedales … Pantis coma un mestre de ceremonias nun púlpito celestial.
Rubén fai referencia continuamente á súa vida, na entrevista e nas traballadas e fermosas letras das súas cancións. Comenzou fai 10 anos tocar en grupos (Metralletas Lecheras, Telephones Rouges ou Chicharrón – entre outros- ) e agora está volcado neste proxecto persoal «Pantis» e no colectivo Prenom facendo traballos de deseño, audiovisual, foto e en breve sendo tamén editora.
Agora mesmo está traballando nun EP con 4 cancións que publicará en novembro-decembro e ademáis prepara disco para o ano que ven… dúas novas felices para rematar este artigo, hai Pantis para rato, alá onde toque vaino ver, aínda que non comulgues co seu estilo musical … vaite enfeitizar, é moi moi recomendable o seu directo.
Pantis compartíu escenario co grupo de barullo punk pro-rajoy «Contenedor de mierda«. Foi o pasado xoves 28/09. Lugar: Club Clavicémbalo de Lugo. Promovido por: Facela Preferimos que cada grupo teña o seu propio artigo, a Pantis o que é de Pantis e á merda o que é de «Contenedor de Mierda».
Pantis bandcamp
Pantis Facebook
Clica nas fotos … as verás máis grandes.
Licencia Creative Commons: reconocimiento- non comercial- sen obras derivadas