Recital on line de Alma Selene, cantante soprano, declamadora, actriz, escritora e José Manuel Brea, guitarrista e compositor.
Trátase do Recital Poético-Musical AMORES POÉTICOS, sobre obras de Rosalía de Castro, Manuel María, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, Alvaro Cunqueiro Mora, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro Miguez, Lois Pereiro, Pilar Pallarés
Co gallo da celebración do día das letras galegas 2020, Alma Selene e José Manuel Brea darán un recital poético musical nas redes da Uned de Lugo o venres 15 de maio ás 19:30 horas.
Sobre o recital:
“Recentemente chegada a Galicia, alá polo ano 1991, a miña paixón pola literatura levoume a ler a oito poetas, escritores e dramaturgos en lingua galega que deixaron profunda pegada en min.
A profunda Rosalía de Castro. A elegancia sinxela de Manuel María. A comedia do teatro de Castelao. A lírica galaico-portuguesa de Alvaro Cunqueiro. A espiritualidade de Xosé María Díaz Castro. A poética social de Celso Emilio Ferreiro. A poesía espida e sen máscaras desgarrada pola dor de Lois Pereiro e por último a evocadora madurez autopoética de amor, soidade e nostalxia de Pilar Pallarés-.
Os meus primeiros amores poéticos. Os que marcarían a miña traxectoria literaria. Os meus oito alicerces da beleza dunha lingua e dunha terra que se quedou en min e eu nela.»
Alma Selene -Amores Poéticos-
AMORES POÉTICOS
-Recital Poético-Musical-
-Rosalía de Castro, Manuel María, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, Alvaro Cunqueiro Mora, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro Miguez, Lois Pereiro, Pilar Pallarés-
ALMA SELENE –Voz-
JOSÉ MANUEL BREA –Guitarra-
PROGRAMA
ROSALÍA DE CASTRO
-Airiños, airiños aires (Cantares Galegos)
-Adiós ríos, adiós fontes (Cantares Galegos)
-Unha vez tiven un cravo -Do intimo- (Follas Novas)
-Negra sombra (Follas Novas)
MANUEL MARÍA
-Versos do outono (Mar Maior)
-Balada intima (Libro das baladas)
-Balada das vellas sombras (Libro das baladas)
ALFONSO DANIEL MANUEL RODRÍGUEZ CASTELAO
-Lela (Os vellos non deben namorarse)
ALVARO CUNQUEIRO MORA
-Quen poidera namorala (Cantiga nova que se chama Riveira)
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
-Esmeralda –Lus- (Nimbos)
-Coma unha espada –Ferida- (Nimbos)
-Cortina –Ferida- (Nimbos)
CELSO EMILIO FERREIRO MIGUEZ
-Credo (Longa noite de pedra)
LOIS PEREIRO
-Declaración (Poesía última de amor e enfermidade)
PILAR PALLARÉS
-Ser poeta (Entre lusco e fusco)
-A tarde, cun can e un livro (Livro das devoracións)
-Dime, amor (Entre lusco e fusco)
-dormir-me na noite do teu pelo (Livro das devoracións)
-Foi a igualdade ou foi a diferenza? –Leopardos- (Leopardo son)
-Terra de Deus (Entre lusco e fusco)