Sergey Malov e a Orquestra Barroca Vigo 430 en concerto este sábado, 04 de marzo de 2023, ás 20:00 h.  no Círculo das Artes de Lugo.

E antes, ás 18:30 h, a divulgadora e musicóloga Teresa Adrán falaranos sobre o programa do concerto, en «Programa de antemán», tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas).

Programa:

A. Mozart – Concerto para violín e orq. nº 1 en si bemol maior

CPh. E. Bach – Sinfonía en si bemol maior Wq179

FJ. Haydn – Concerto para violoncello e orq. nº 2, en re maior

F. J. Haydn –Sinfonía nº 36 en si bemol maior Hob. I:36

PROMOVE: Sociedad Filarmónica de Lugo

Sergey Malov, violín, violoncello da spalla e dirección

Natural de San Petersburgo, Sergey Malov está considerado un músico tan versátil como virtuoso: toca o violín, a viola, o violín barroco e o violoncello da spalla, instrumento co que probablemente o propio Johann Sebastian Bach tocou as súas suites para violoncello.

O seu repertorio abarca dende a música barroca antiga ata Johann Sebastian Bach, dende os concertos para violín clásicos e románticos ata as estreas mundiais de música contemporánea.

Nas súas interpretacións aborda intensamente cuestións de estilo e técnicas de interpretación de cada época.

Os seus vídeos co violoncello dá Spalla foron vistos máis dun millón de veces na Internet. Ademais das 6 suites para violonchelo de Bach, Malov interpreta un amplo repertorio de música solista e de cámara con este instrumento.

Orquestra Vigo 430

Comeza a funcionar no ano 2005, coa premisa de crear un núcleo de corda de calidade na cidade de Vigo para, xa a partir do 2009, abordar progresivamente repertorio sinfónico. 

Nos seus inicios foi coñecida como Ensemble Vigo 430 debido ao seu interese en potenciar precisamente ese núcleo de corda e no que a presenza das seccións de vento era mínima e os programas a abordar moi centrados na música para orquestra de cámara do clasicismo e o barroco pero con incursións tamén na música contemporánea. 

A partir do 2009 comezan a incluírse repertorios para orquestra completa, centrándose as súas programacións dende ese momento neste tipo de composicións e pasando a configurarse un núcleo de ventos tamén estable. Cámbiase neste momento o nome a Orquestra Vigo 430 ao entenderse que responde mellor ao espírito e realidade da nova formación. No 2011 comezan a organizarse os seus primeiros ciclos estables de música coa intención de configurar unha tempada musical.

Froito de todo este traballo de máis de quince anos é o recoñecemento recibido no 2014 ao ser galardoado o proxecto 430 cos Premios Martín Códax na categoría de Música Clásica e contemporánea. A partir do 2015 comeza a súa andadura como orquestra residente do Auditorio Mar de Vigo e consolidando dende entón unha tempada de concertos anual.