O concerto será o 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo. Enmárcase dentro do ciclo Galicia Importa de AGADIC, que tamén chegar por 1ª vez a Lugo coa colaboración do Concello

ENTRADAS ESGOTADAS – AGOTADAS ENTRADAS

ACTUALIZACIÓN 22/10 «O concerto arrincará ás 19:00 horas. Aínda que o acceso á actuación é de balde, é preciso retirar invitación, dado que o aforo do centro sociocultural é limitado. A propia promotora do evento, Sweet Nocturna, puxo 100 entradas a disposición do público a través da plataforma electrónica Ataquilla.com, que xa están agotadas. Das que dispón o Concello, ao redor dunhas 140, aínda quedan entradas dispoñibles. As persoas interesadas poden retiralas no Vello Cárcere, no horario habitual do centro: de luns a domingo de 11:00 a 14:00 horas en xornada de mañá, martes, mércores e domingo de 17:00 a 20:30 en xornada de tarde; e xoves, vernes e sábado, de 17:00 a 22:30 horas en quenda de tarde. «

Outubro 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, adiantou unha nova actividade que acollerá este mesmo mes o Vello Cárcere. Trátase do concerto do británico Jack Broadbent, un dos guitarristas máis aclamados na actualidade, que actuará por primeira vez en Galicia, dentro do ciclo Galicia Importa da Axencia Galega de Industriais Culturais (AGADIC), que tamén chega por primeira vez á cidade coa colaboración do Concello. A edil fixo o anunciou xunto ao director de AGADIC, Jacobo Sutil, e dous representantes da produtora deste evento musical, Sweet Nocturna, Raquel Seijo e David Lago.

Para Carmen Basadre, esta actuación, que será o domingo, 28 de outubro, ás 19:00 horas, a única data que ofrecerá en España, trátase dun concerto distinto nun espazo inmellorable, capaz de acoller dende actuacións de música menos comercial a música de fusión ou tradicional, como se leva vendo ao longo dos últimos meses. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo e xa están á disposición do público no Vello Cárcere – actualización 22/10- 

Jack Broadbent chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia.  Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.