O Mihl acolle a Mostra de Arte na Rúa CulturbanFest, Muralismo, Combate Mural e Portas Abertas… un percorrido pola última edición do festival de arte urbano de Lugo.

A exposición estará aberta ao público até mediados de xaneiro do 2022, e contará con actividades e obradoiros arredor da mesma, organizados dentro da programación habitual do MIHL. Ademais, contará cunha proxección contínua dunha peza documental sobre o combate mural.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, explicou que «co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza».

Horario do Museo MIHL: 

01-06 – 14/10

Luns a domingo: 10:00 – 14:00 e 16:30 – 20:30

Arde Lucus: 

    • Xoves e venres
      • 10:00-14:00 H
      • 16:00-22:00 H
    • Sábado
      • 10:00-22:00 H
    • Domingo
      • 10:00-20:00 H

Fotografías: Iván Mouronte