Programa Arde Lucus 2023 Festa de Interese Turístico Internacional
Por primeira vez o Arde Lvcvs nos permitirá mergullarnos na arte culinaria da antiga Roma no Semisoto da Praza de Abastos, a rúa Quiroga Ballesteros e a Praza de Santo Domingo.
De vernres a domingo 8 cociñeiros elaborarán ante o público os bocados máis exquisitos, como bacallau, hamburguesas, costela, tortilla e mesmo xeado, que a cidadanía poderá degustar in situ ou coller para levar.
Unha gran cacharela o venres, na explanada do pavillón municipal, conciliará a festa co Lume Novo coa do Arde Lvcvs e os concertos de Céltica – Pipes Rock e Fillas de Cassandra caldearán as noites de sábado e domingo.
Alén de manterse espectáculos xa consolidados como o Circo e os desfiles, este ano se incrementan os espazos do Mivdo Arde, diversificando así a oferta de ocio infantil.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte