Reportaxe fotográfica – Resumo do Lugo Cultural 2024, un ano máis esencial na axenda cultural lucense.
Unha reportaxe patrocinada por: Vicepresidencia Deputación de Lugo.

Esencial: tan importante que é absolutamente necesario, que non pode faltar. Fonte: Dicionario da Real Academia Galega

O convenio «Lugo Cultural», entre a Deputación de Lugo (Vicepresidencia, área de Cultura) o Concello de Lugo (Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua) e a Universidade de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a de coordinar a actividade cultural en Lugo e apoiar, deste xeito, a implantación universitaria coa promoción e organización na cidade de actividades culturais, cumpriu un ano máis coas expectativas da comunidade universitaria e do público lugués en xeral.

Grazas á «Primavera cultural» e o «Outono Cultural», Lugo gozou de propostas como os concertos de música clásica do ciclo «Músicas a carón da Mosqueira», a experimentación sonora do ciclo «Sons Creativos» ou do certame «Paisaxes sonoras», os directos de Lontreira, Bala ou Caamaño & Ameixeiras, entre outros.

Ademais de propostas de artes escénicas, como o 30 (30!) Festival de Teatro Universitario ou o 23 (a nada da edición 25!) do Encontro de danza da USC, audiovisuais, con ciclos do Cine Club Valle Inclán, o 30 (30!) Maratón Fotográfico, o Findecurta ou o certame de Videocreación, e outras accións que non fan máis que confirmar, un ano máis, coma unha programación esencial na axenda cultural lucense.

Web USC CULTURA

INSTAGRAM – @cultura_usc

X – @CulturaUSC  

Facebook –  @AreadeculturaUSC

Lugo Cultural – Instagram

Vicepresidencia Deputación de Lugo – Instagram

Vicepresidencia Deputación de Lugo – Facebook

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo xestiona as áreas de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüistica; de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; e de Medio Rural, Mar e Mocidade:

Web Cultura Deputación de Lugo