DEC 2017 Son 12 os profesionais do sector que participan nesta nova edición do Mercado de Nadal que organiza o Goberno Provincial na Praza de San Marcos para promover a artesanía e fomentar o comercio local:
Artesanía o mestizo
Barro en vivo
Cabuxa
Carla Alfaia
Lanalatum
Lucecús
Complementos Mis Marinillas
Regal Cerámica Artesán
Senda
Tres Caracoles
Zimzelatum
(VER máis info de cada profesional)
Estará aberto ata o 5 de xaneiro. Pechará o 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os postos abrirán de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 e 31 de decembro abrirán de 11:00 a 14:00 horas, e o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.
Ademáis realizaránse demostracións en vivo de oficios tradicionais, obradoiros para nenos, actuacións das corais da provincia e de maxia e actividades infantís
Programación das actividades diarias
Todas as actividades infantís que se ofrecen, son completamente gratuítas, é o horario de celebración é de 17:00 a 19:00 horas, na caseta habilitada na Praza de San Marcos.
Venres, 22 de decembro
Benvida aos mais cativos con actividades de animación e musicais
Sábado, 23 decembro
Confección de postais e adornos de Nadal
Martes, 26 de decembro
Pintacaras, xogos musicais e cantos de panxoliñas
Mércores, 27 de decembro
Xogos tradicionais
Xoves, 28 de decembro
Globoflexia, xogos con globos e confección de pulseiras
Venres, 29 de decembro
Obradoiro de materiais reciclados
Sábado, 30 de decembro
Festa infantil, con xogos musicais, coreografías, guerra de cancións e lanzamento de chulerías para todos os asistentes, onde poderán tamén participar os acompañantes.
2, 3 e 4 de xaneiro de 2018
Na primeira semana de xaneiro haberá actuacións de maxia coa actuación do Baul do Mago. O espectáculo deste artista desenvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun teatro, pero non nun teatro calquera, probablemente, o máis pequeno do mundo. O horario desta actividade, que organiza O Concello de Lugo dentro das seu programa de Nadal, será dende ás 12:00-14:00 horas, e pola tarde dende ás 17:00-21:00 horas.
Obradoiros
Ademais durante estas datas de Nadal a Deputación ofrece dous obradoiros en vivo, na propia Praza de San Marcos, un de forxa e outro de zocas. O horario de exhibición destas actividades é dende ás 19:00 ata ás 21:00 horas.
23 de decembro
Demostración de forxa por Víctor Manuel Uriz Carreira. Este lucense é un dos novos valores da arte do ferro na provincia. Xa participou en diversas exhibicións, feiras e encontros adicadas a este sector.
30 de decembro
Exhibición do zoqueiro mariñán Alberto Geada. Este artesán é un referente do calzado de madeira. Geada realiza unha exhibición amosando como traballan as ferramentas que se utilizaron durante séculos na elaboración do calzado, ferramentas de orixe prerromano, empregando técnicas de traballo con centos de anos de tradición.
Na apertura do Mercado de Nadal actuaron os artistas Iria Estevez e Gonzo Piña do grupo Chave de Fado e asistiron o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto