Decembro 2019 As actividades de Nadal en Lugo programadas pola Concellería de Cultura, Turismo e Promovión da Lingua son:
Concerto de Nadal de agrupacións da Escola Municipal de Música:
Vello Cárcere. Día 19 de decembro a partir das 19.00 h Actuación dos grupos de Saxofóns, Trombóns, Bombardinos e Tubas, Pandeireteiras, Grupo Tradicional e por último, actuación conxunta da Banda de Música da Escola Municipal de Música e Coro infantil de alumnos de Linguaxe Musical.
Feira de artesanía ArteNadal
Praza Anxo Fernández Gómez. Do 19 de decembro ao 5 de xaneiro. Das 11.00 h ás 14.30 h e das 17.00 h ás 21.00 h Pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.
Charla-coloquio «O Apalpador, da prehistoria para o futuro»:
Vello Cárcere. Día 20 de decembro ás 20:00 h. Achegamento ás orixes deste personaxe mítico da man de José André López González.
Benvida ao Apalpador:
Praza Maior*. Día 21 de decembro a partir das 16:30 h. Animación de rúa pola avenida da Coruña, San Roque e Ramón Ferreiro. Obradoiros de danza e música, contacontos, cantigas de Nadal, chegada do Apalpador e foliada final na praza Maior. Actividade para toda a familia.
*En caso de choiva, esta actividade trasladarase ao patio do Vello Cárcere.
Obradoiros “Descubrindo o Nadal”:
Vello Cárcere. Días 14 e 21 de decembro ás 12:00 h e ás 18:00 h. Obradoiros familiares e interxeracionais sobre a orixe do Nadal e as diferentes formas de festexar estas datas en diferentes partes do mundo.
Brinquedos de Nadal:
MIHL. Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro
Brinquedos de Nadal é unha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa. A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós.
Son actividades de balde. A entrada é libre ata completar a cabida. Máis información no MIHL: 982 297446.
23 decembro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Pablo Díaz con ‘Coas miñas mans’.
26 decembro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Inacio Vilariño con ‘O castiñeiro do apalpador’.
27 decembro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Mamá Cabra con ‘Obradoiro de arrolos’.
30 decembro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con ‘Cantacontos a carón da fiestra’.
2 de xaneiro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con ‘Radio Bulebule’.
3 de xaneiro – De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con ‘O Cardume’.
Obradoiro de Panxoliñas:
Vello Cárcere. Durante os días 23, 26, 27, 28, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 11:30 h a 13:30 h. Con mostra final do traballo realizado o día 5 de xaneiro, na parte superior da praza Maior, diante da Casa do Concello, previa á Cabalgata. Para nenas e nenos de 4 a 18 anos.
Inscricións no Vello Cárcere.
Rancho de Reis do Xeito:
Recinto Histórico. 30 de decembro e 5 de xaneiro ás 17:30 h. Intervencións na rúa e en espazos públicos do “Rancho de Reis do Xeito”. Danzantes e Cantareiras e Cantareiros de Oxeito farán Danzas e cantos de Nadal interactuando co público asistente.
Gran Concerto de Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo:
Auditorio Municipal Gustavo Freire. 3 de xaneiro ás 20:30 h. De balde, con retirada de entradas a través de www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo e unha hora e media antes da actuación no propio Auditorio.
Cantigas de Nadal “O Nadal de Lugo na memoria”:
Praza do Campo ás 20:00 e ás 20:45, Campo Castelo ás 21:30. Día 3 de xaneiro. Obradoiro concerto-didáctico interactivo con Tundal de Fuxan e amigos e amigas. Neste obradoiro faise un repaso polas tradicións asociadas ao solsticio de Inverno ao longo da historia. Dende os cantos de Nadal, ás cantigas da Matanza, Aninovos, Manueles e Panxoliñas…
Actuación de Conticánticos “Os Trotasongs”:
Patio do Vello Cárcere. Día 4 de xaneiro ás 12:30 h. Dirixido a público familiar. Entrada libre ata completar a cabida.
Cabalgata de Reis:
Día 5 de xaneiro desde o parque da Milagrosa até a Casa do Concello. Saída ás 18.00 h.
Estas actividades foron presentadas pola edil de Cultura, Maite Ferreiro, o músico Pablo Díaz que ofrecerá un concerto, no MIHL, o 23 decembro ás 18:30 h baixo o título ‘Coas miñas mans’ e Inacio Vilariño que ofrecerá o seu espectáculo ‘O castiñeiro do apalpador’ o 26 decembro ás 18:30 h na caixa negra do MIHL