Xaneiro 2019 Ubicada a carón do río Miño, a Casa das Insuas é un centro de recursos para coñecemento e conservación do medio natural, a agroecoloxía, a soberanía alimentaria, os oficios tradicionais e todas aquelas actividades baseadas no aproveitamento e disfrute respectuoso e sustentable da natureza. 

Impulsada e xestionada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio – tamén participan outras asociacións – organizan actividades regularmente. As máis próximas son: 

En pe de Terra: actividade de voluntariado para podar, tallar e replantar vimbio. Estaremos no prado da ponte, cabo da Casa das Insuas (Rábade, Lugo) o sábado e domingo pola mañá, de 10:30 h. a 14:30 h.

casa-insuas-rabade

Curso teórico-práctico de poda e enxertado de froiteiras:  con Helio Baamonde, agricultor ecolóxico, que se encargará de impartilo. Comezará na Casa das Insuas (Rábade) cunha breve charla e logo ao Xardín das Froiteiras (Rábade) para a parte práctica.

casa-insuas-agct

Concertos ao Natural: músicas en guerra Antonio Bravo e Germán Díaz en “Músicas en Guerra” ofrecen un repertorio composto por músicas da guerra civil española, e da primeira e segunda guerra mundial. Un directo palpitante onde, ademais de escoitar a guitarra e a zanfona, o público poderá gozar de instrumentos mecánicos de máis dun século de antigüidade como a rollmónica cromática, a caixa de música programable ou fonógrafos, combinados cos loops en directo e novas tecnoloxías.

casa-insuas-concertos

Casa das Insuas
R/ José Pardo y Pardo Montenegro, nº 27
Rábade (Lugo)