SETEMBRO 2018 Este setembro seguen as actividades que promove Cultura do Concello de Lugo a través +Xtí Plan Nacional de Drogas. Coñecido polos programas de televisión nos que participa, Pedro García Aguado, ao que lle chaman Hermano Mayor, polo espazo co que saltou a fama, impartirá unha charla no Vello Cárcere: Aprender e educar, estará acompañado do educador Francisco Castaño. Será o 15 de setembro, das 11:30 ás 13:30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. Pedro García Aguado e Francisco Castaño explicarán ás persoas asitentes unha serie de pautas encamiñadas a que os rapaces e razas sexan unhas persoas autónomoas, responsbles, ricas en valores e con capacidade para manexarse na adversidade; abordando para elo as normas e os límites, ou a educación en valores. A charla está dirixida a estudantes, familias, profesorado e interesados na educación.
Baixo o +Xtí, o Concello tamén ten programado un ciclo de cinema alucinado os días 11, 12 e 13 de setembro, a partir das 18:30 horas. É un proxecto que pretende contribuir ao desenvolvemento integral dos seres humanos, combinando a parte lúdica coa parte educativa, tendo como medio o audiovisual, que polas súas características, é un potente elemento de motivación. Deste xeito, o ciclo pretende analizar as adiccións, enfocadas desde as cinco preguntas clave: que, quen, cando, onde e porque; para, a partir de aí, poder debater e facer propostas construtivas. Os filmes que se exhibirán son Leaving Las Vegas (día 11), Christiane F. (día 12) e Requiem for a dream (día 13). Tras a exhibición haberá un debate.
Este mesmo espazo acollerá o I Encontro de Mozos Creadores, entre o 19 e o 21 de setembro, tanto en xornada de mañá como de tarde, nas celdas da segunda pranta. Participarán os artistas David Catá, Sabela Eiriz, Basilisa Fiestras, Gema López e Iván Mouronte. Trátase de levar a cabo unha residencia artística de tres días na que haberá unha exposición colectiva, creación artística en directo e charlas informais.
Para rematar o mes, os días 21, 25 e 27 de setembro, celebraranse unhas xornadas sobre adiccións sen sustancia, tamén no Vello Cárcere, dende as 19:00 horas. Entre os poñentes está Mariano Choliz e Marta Moliner, que falarán sobre o xogo patolóxico e xogo online, anonio Rial, sobre novas tecnoloxías e una especialista do HULA sobre adicccións comportamentais.
A maiores, o +Xtí tamén contempla tenis de mesa, todos os venres de setembro, das 16:30 ás 21:30 horas, na Casa da Xuventude.