Concurso de debuxo dirixido a escolares da provincia, no que poden participar os nenos que cursen 1º, 2º e 3º de primaria
Os contidos e as formas dos concurso tratará sobre os instrumentos da música tradicional galega. Os participantes teñen de prazo ata o 1 de marzo para presentar os seus traballos
Febreiro 2019 A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou no CENTRAD o VII Certame de Debuxo que organiza a Tradescola, dirixido a escolares da provincia, no que por primeira vez poden participar todos os centros escolares da provincia que cursen 1º, 2º e 3º de primaria. No acto estivo acompañada pola coordinadora da asociación, Mónica Fernández.
García Porto sinalou que “nesta nova edición do concurso da Tradescola poderán participar todos os alumnos da provincia, e ademais outra novidade deste certame é que os gañadores verán expostos os seus traballos no CENTRAD, na segunda quincena do mes de marzo”.
A Deputada convidou “a todos os alumnos e centros escolares da provincia a participar nesta nova edición, na que os traballos deben estar realizados á man usando ceras, lapis, rotuladores, acuarelas ou similares. Os contidos e as formas dos debuxos son libres, pero todos tratarán sobre os instrumentos da música tradicional galega. Cada concursante poderá enviar un só debuxo”.
Premios
Os 25 alumnos e alumnas finalistas recibirán un lote agasallos con material didáctico de música tradicional, así como os centros escolares onde cursen estudios.
Ademais o gañador do certame recibirá un premio consistente na matricula gratuíta nunha materia da Tradescola no curso 2019/2020 ou no centro máis cércano.
E o centro educativo ao que pertenza o gañador tamén recibirá agasallos consistentes nunha visita guiada ao CENTRAD, un obradoiro para os máis novos a cargo do Obradoiro de Instrumentos musicais, e un concerto didáctico de música tradicional a cargo da Tradescola.
Prazo ata o 1 de marzo
Os debuxos deberan presentarse na Tradescola (Centro de Lug2, r/ Pintor Corredoira, n.4, CP: 27002- Lugo , ou ben na Area de Cultura da Deputación , r/ San Marcos, n.8, CP: 27001-Lugo. Os participantes teñen de prazo ata o 1 de marzo de 2019.