Concurso de fotografía Estampas de Paz e Acougo 2024.
A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou unha nova edición do concurso.
Ata o 30 de novembro para participar.

O X Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios.

Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.

Limítase ao ámbito xeográfico do Concello de Lugo, abranguendo tanto o cemiterio municipal de San Froilán como os cemiterios parroquiais existentes.

As bases do concurso aparecen publicadas no BOP de Lugo e estabelecen que os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou achegaranse por calquera outro medio telemático.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento, non podendo estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria, e cada fotografía achegarase impresa en soporte ríxido (cartón pluma ou similar) en formato 30 x 40 cm ou superficie equivalente aproximadamente.

Cada fotografía irá acompañada do seu arquivo dixital.

VER BASES COMPLETAS – pdf-