O Arde Lvcvs do 2023 se celebrará do 22 ao 25 de xuño

O Arde Lvcvs do ano 2023 se celebrará do 22 ao 25 de xuño. Así llo comunicou persoalmente, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ás asociacións que fan posible esta festa de recreación histórica.

Un anuncio no que estivo acompañada polo edil de Xuventude, Mauricio Repetto e que realizou no transcurso da VIII Cena de confraternización que mantén co colectivo.

A rexedora destacou o momento tan importante no que se atopa a cidade, xa que o Concello presentará este mesmo mes a súa candidatura para obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, logo de ostentar xa o Galego e o Nacional.

Méndez puxo o foco no alcance social, turístico e económico que xeran estes festexos, “un dos motivos polo cal anunciamos as datas de maneira temperá coa finalidade de permitir que o tecido asociativo, os veciños e veciñas, así como a hostalería e o comercio local poidan prepararse e traballar con previsión, planificando eses días”.

Foto: Gab. Com. Concello