O lucense Adra Pallón entre os 25 novos talentos da fotografía mundial.

Os «LensCulture Emerging Talent Awards 2023«, o certame de certames para a xoven fotografía mundial, acaba de confirmar algo que xa sabíamos por estas terras: o Adra Pallón é un top mundial.

A creme de la creme que forma o xurado do LensCulture Emerging Talent Awards, anunciou, con moita pompa e boato, aos 25 talentos da fotografía mundial do 2023…entre eles A D R A P A L L Ó N.

Único lucense, único galego, único español na lista de gañadores, na lista de «foteiros e foteiras a seguir» porque están a facer proxectos TOP.

Ademáis, tamén acaban de anunciar os gañadores do «Concurso Internacional de Fotoperiodismo Andréi Stenin» e Adra Pallón obtivo premios na categoria ‘Mi planeta’ e ‘Noticias principales’ de entre máis de 3.000 fotografías presentadas por xóvenes fotógrafos de todo o mundo.

Un non parar de premios para un dos artistas lucenses máis talentosos dos últimos tempos. Desde este medio estamos abertos a falar con empresas/entidades que cofinancien reportaxes fotográficos do Adra en VivaLugo e as súas redes… falamos? Envía mail a vivalugo@vivalugo.es 

Viva a fotografía! Viva o Adra Pallón! GRAN OVACIÓN.

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

+ de Adra Pallón en Viva Lugo:

Adra Pallón Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022

Lugo na mirada de Adra Pallón

«Se pecha Alcoa, nós tamén»

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo