O Festival dos Eidos (O Courel) Premio do Público no Culturgal 2019 e o Club Clavicémbalo (Lugo) queda en segunda posición nesa categoría. 

festival-eidos-programa
Cartel do pasado V Festival dos Eidos
Programa de novembro do Club Clavicémbalo de Lugo

Novembro 2019 É habitual escoitar a premiados e premiadas decir iso de «o mellor premio é o do público». Non sabemos canto ten de típico tópico e canto de verdade, aínda que apostamos, pola nosa experiencia que ten moito moito de verdade: nada como o agradecemento do público ao traballo, nada como o recoñecemento da xente. E a xente, acaba de darlle o Premio do Público do Culturgal 2019 ao Festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra e que se celebra en O Courel, e en segundo lugar quedou o club de referencia de Lugo, de Galicia e máis alá …o Club Clavicémbalo que programa mes a mes concertos, teatro e outros espectáculos apostando polas cultura nocturna como poucas salas no mundo.

FESTIVAL DOS EIDOS

O Festival dos Eidos acaba de celebrar a súa quinta edición neste final de agosto cunha ampla programación cultural protagonizada pola poesía acompañada pola música e outras artes desde unha mirada multidisciplinar. O Festival dos Eidos celebrase durante tres xornadas en diferentes lugares da aldea de Parada arredor da Fundación Uxío Novoneyra, casa natal do poeta que inmortalizou O Courel como territorio literario universal na súa obra máis emblemática, Os Eidos.

CLUB CLAVICÉMBALO

O Clavi, como é coñecido por todos, é todo un referente cultural tanto para o público como para os artistas. Unha sala mítica onde todo o mundo quere tocar e á que todo mundo quere ir polo menos unha vez na súa vida. Máis de 30 anos programando e apostando pola música (e outras artes) en directo, é todo un exemplo a seguir como motor cultural dunha cidade.  

 

CULTURGAL

Fb 

Culturgal é a Feira da actividade cultural en Galicia; unha cita de referencia que se celebra en Pontevedra e que durante 3 días a Feira reúne a máis de 15.000 persoas en torno ao mundo do libro, audiovisual, arte… permitindo descubrir que é o se fai e que é o que vai vir no ámbito cultural en Galicia.