Poemas musicados de Dylan Thomas no concerto do Trío Preseli
Sábado, 16 de marzo de 2024 / 20:00 h. / Círculo das Artes de Lugo
Dentro da programación da Sociedad Filarmónica de Lugo
O Trío Preseli fórmase no 2021 co obxectivo de destacar e promover a música para unha formación de cámara tan pouco habitual como a de soprano, trompa e piano e tender pontes entre as culturas galega e galesa.
Está formado pola soprano María Hinojosa Montenegro, o pianista Daniel Pereira e o trompista Simon Lewis. Estes músicos son solistas e especialistas nos repertorios de música de cámara e orquestra, e xuntos gravaron os tríos do compositor galés Anthony Randall, cuxo traballo aportou unhas obras de gran beleza e sentimento ao repertorio para esta agrupación.
As obras:
Programa:
Anthony Randall: Do Not Go Gentle Into That Good Night
Fernando Buide: Nao de Sangue
Anthony Randall: Three Poems by Geraint Jones
Dous dos tríos son composicións musicais de poemas do famoso Dylan Thomas, un deles, e o outro, do case descoñecido Geraint Jones.
O poema de Thomas, Non entres docilmente nesa noite queda, é unha obra mestra da lingua inglesa que foi traducido a varios idiomas e é coñecido por todo o mundo. Thomas inspirouse na morte do seu pai e o poema explora a difícil relación paterno filial.
O trío que inclúe tres poemas de Geraint Jones é unha obra rodeada de traxedia. Os poemas son descricións impresionantes de perda e anhelo e fanse máis conmovedores ao saber que foron escritos só uns meses antes da morte prematura do poeta, aos 22 anos, na batalla de Normandía. As melodías e harmonías que acompañan as palabras só engaden tristeza e sentimento a esta obra emocionante.
“Toda a música de Nao de Sangue tenta amosar o carácter ameazador e ominoso dos versos do poeta galego, plasmando en sons o drama que estaba a piques de se desatar”, apunta o compositor. Neste sentido, recorda que os poemas, escritos por Paz Andrade en plena Guerra Civil, describen as imaxes da aguia e o lobo e a súa loita salvaxe como metáfora dun enfrontamento fratricida.
O texto da obra divídese en tres fragmentos que interpreta a soprano, intercalados por dous interludios musicais. O primeiro deles cita parte da melodía e harmonía dun himno escrito en galés por Griffith William Hughes, antepasado de Simon Lewis, trompista do trío.
ENTRADAS
Venda de entradas para os concertos: oficinas do Círculo das Artes (dispoñibles para non socios e entradas para estudantes)
Para máis información e consultas:
Teléfono 982 230 805 ou no correo filarmonicadelugo@gmail.com