15 actividades para distintos públicos, con animación musical e teatral na rúa, entre elas, a volta do concurso de disfraces.

O programa do entroido 2022 en Lugo inclúe Folión de Entroido, os concursos de disfraces que terán lugar na tarde do sábado 26 de febreiro (categoría infantil) e o 1 de marzo (categoría adulta), pasarrúas e máis .

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades culturais que darán forma á programación do Entroido 2022. “Trátase de 15 actividades para distintos públicos, con animación musical e teatral na rúa”, afirmou Maite Ferreiro, que destacou “a volta do concurso de disfraces que o ano pasado non se puido realizar debido á pandemia”.

PROGRAMA

As actividades do Entroido 2022 comezarán o martes, 22 de febreiro, coa Tradescola, que realizará o Folión de Entroido. A actividade partirá do Centrad ás 17.00 h. Faranse paradas no centro da cidade con bailes e cantos típicos do entroido.

O venres 25, as actividades comezarán co Pregón do Entroido 20:00 Casa do Concello, a cargo do músico local David Taboada, e continuarán a partir das 20:30 coa actuación musical da charanga Unión Phenosa polo recinto histórico.

O sábado 26 a animación comezará a partir das 12:30, coa actuación da Tambukada, que continuará ás 14:00, ambas actuacións pola zona centro. A partir das 17:00, terá lugar o concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Kote Malabar, e a partir das 20:30, a charanga Asociación Amigos da Terra Chá.

O domingo 27 a praza Maior contará coa gala de circo de Entroido Introitus, interpretada por Culturactiva, ás 18:00 

O luns 28, a compañía de teatro Down Lugo e Cía realizará o seu espectáculo Ti te me deixas querer? no fondo da praza Maior ás 19:00, e a partir das 20:30 a charanga OT animará as rúas do centro da cidade.

O martes 1 de marzo a partir das 12:30 sairá da praza Maior o espectáculo itinerante Pakonstein, a cargo da compañía Discípulos de Morales. Pola tarde terá lugar o concurso de disfraces en categoría adulta, a partir das 17:00 na praza Maior, e ás 18:30 a charanga Paradela realizará animación de rúa polo centro.

As actividades do Entroido rematarán o venres 4 co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro. Desde as 19:30 estará o Velorio da Sardiña no Quiosco da Música da Pza Maior. 19:45 horas achegarase ao veloroio a procesión da Santa Compaña e ás 20:00 sairá do Círculo das Artes a procesión de Enterro da Sardiña.