A adaptación de "As ilusións perdidas" de Balzac nos Codex

Ademáis de «Un pequeno mundo», a outra estrea da semana nos Codex é «As ilusións perdidas», a fastuosa e desbordante adaptación cinematográfica que o director galo Xavier Giannoli fixo da obra de Honoré de Balzac.

Se ben era imposible adaptar con toda a fidelidade esta obra maxistral, Giannoli sabe extraer as historias máis imprescindibles e a través delas transportar o estilo tan característico de Balzac á pantalla. 

Así, estamos ante unha película cunha riqueza de matices impresionante, unha gran reconstrución de época chea de personaxes e lugares, da exuberancia popular do París do século XIX.

 «As ilusións perdidas» trata unha historia moi común do escritor: a toma de conciencia dun home, en principio inocente e soñador, da corrupción e das relacións de poder do mundo que lle rodea.

Esta produción francesa conta cun reparto cheo de estrelas do país veciño, como Cecile de France, Jeanne Balibar, Xavier Dolan e tamén o xenial e polémico Gerard Depardieu nun papel secundario.

Giannoli consegue ao mesmo tempo unha reconstrución primorosa da Francia do XIX ao tempo que de forma moi habilidosa e manténdose fiel a Balzac pode falar tamén das relacións sociais e políticas do noso tempo.