As propostas da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciadas pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, son as seguintes:
22 de decembro. Benvida ao apalpador. Mercado Municipal e Rúa Quiroga Ballesteros.
23 de decembro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.
Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.
26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.
5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello para aliviar a espera; Ás 18.30 Mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. 19h Bloco Meigallo.
Programación completa de nadal en Lugo (programación da área de Cultura, o programa do Xuvenlugo, o Mercado de Nadal da Pza Maior, o Nadal Fest, os obradoiros de Nadal e de Panxoliñas en O Vello Cárcere, a Benvida ao Apalpador, as actividades propostas por Xuventude e as actividades no Museo MIHL.)
Outras actividades en Lugo este decembro 2023 e xaneiro 2024 na nosa axenda.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte