As actividades que se realizarán na Hedreira ao longo do mes de outubro, todas de balde, son:
Mércores 1, 20:00 h: Charla-degustación sobre a landra como alimento rico, nutritivo e ecolóxico.
Sábado 11, 15:00 h: Polbada Vegana de San Froilán.
Xoves 23 e Luns 27, 19:00 h: II Xornadas de divulgación científica. Exposición de investigacións tipo TFG, TFM, PFC, tese ou non académicas nun ambiente amigable. Para compartir traballos interesantes, que saian da academia e non queden esquecidos nun caixón.
Xoves 30, 20:00 h: Cinefórum especial Tempo de defuntos. Proxectaranse as películas Os difuntos falaban castelao (Virxinia Caria e Tomás Conde, 2001), A meiga chuchona (Pablo Millán, 2006) e O apóstolo (Fernando Cortizo, 2012).
Galego para inmigrantes (tras varios meses de parón)
Conversa en catalán
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte