Reque acolle o sábado un obradoiro de elaboración de produtos fermentados, que incide na necesidade de reducir o desperdicio alimentario
Do 18 ao 20 de xaneiro está aberto o prazo para as inscricións, que se atenderán por orde de entrada da solicitude

Un obradoiro de fermentados é a nova actividade prevista pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo en Reque, dentro da programación permacultural que se desenvolven neste espazo público a carón do río Rato.
No obradoiro, que se celebrará o sábado 21 de xaneiro, ofreceranse coñecementos teóricos e prácticos sobre a fermentación, unha técnica de conservación que pode empregarse con moitos alimentos de consumo habitual como verduras, hortalizas ou froitas e que, ademais de introducir receitas novas na dieta, reduce o desperdicio alimentario.
Chucrut, kimchi ou queixos vexetais son algúns dos produtos que se elaborarán no taller, dirixido por Natalia Carrillo.
A xornada extenderase de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas.
As persoas interesadas en participar deben enviar a solicitude ao enderezo lugardereque@deputacionlugo.or
As prazas cubriranse por orde de recepción das solicitudes.