Teatro, música e exposicións para conmemorar o Día da Muller en Lugo

O Concello de Lugo conmemora o Día da Muller cunha ampla programación festiva para reivindicar o feminismo e a igualdade. Espectáculos teatrais, exposicións e concertos aderezarán a axenda local durante as vindeiras semanas:

Convidouse ao alumnado de 1º e 2º da ESO do municipio a gozar, o xoves 10 de marzo, do Espectáculo Tabú, de Carmen Conde, no Auditorio do Vello Cárcere (11:30 horas).

A Casa da Muller preparou, alén, outras accións como o concerto Notas Femininas. O papel da muller na historia da música, a cargo de Lucus Ensemble que se celebrará o 12 de marzo no patio do Vello Cárcere, ás 19:30 horas, con entrada aberta ata completar aforo.

A mostra «Ilustracións contra o machismo», de Feminista Ilustrada rotará polos institutos da cidade. Unha exposición itinerante que visibiliza diferentes formas de violencia de xénero e situacións de discriminación frecuentes entre a poboación moza.

Promove: Concello de Lugo