O proxecto “De muller a muller” recolle reflexións de medio cento de mulleres do rural sobre o camiño a andar para a igualdade real. Son historias de mulleres imprescindibles para o noso presente e futuro.

O proxecto, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, está integrado por 48 entrevistas realizadas a mulleres de sectores moi diversos que residen en distintos núcleos poboacionais do medio rural que se difundirán na web e nas redes sociais desde este o martes 8 de marzo.

Esta iniciativa, cunha clara perspectiva de xénero, incita ao compromiso co medio rural desde o feminismo, cunha forte implicación respecto do repoboamento.

A través das experiencias vitais e das reflexións das entrevistadas, recollidas pola psicóloga e educadora Laura Pardeiro, autora do blog “Leiras e Marcos”, o proxecto ofrece modelos femininos no medio rural como unha resposta á necesidade que presenta a mocidade de configurar a súa identidade persoal e profesional, alén de difundir un rural innovador, diverso, tolerante e inclusivo.

Historias de mulleres imprescindibles para o noso presente e futuro.

Branca Villares (Baralla), Cultura tradicional
Amelia Amigo (Noceda de Cervantes), Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares
Ana Díaz (As Pontes de Gatín – Becerreá), Márketing – Comercio electrónico
Ana Meitín (Portocelo – Xove), Percebeira
Anjhara Gómez (Vilanova – O Corgo), Reposteira
Antía Fernández (Sarria), Panadeira
Carlota Pérez (O Pincelo – Chantada), Turismo rural
Chelo López (O Páramo), Queixeira
Chusa e Carmela (O Coto – Palas de Rei), Industria agroalimentaria e cosmética natural
Cristina Fernández (O Cadramón – O Valadouro), Traballos forestais
Cristina Román (San Simón da Costa – Vilalba), Queixeira
Cándida Rodríguez (Fiolleda – Monforte de Lemos), Veterinaria
Dora Cabaleiro (Negueira de Muñiz), Sector Agrogandeiro
Mª Elena Martínez (Mondoñedo), Grupo de Desenvolvemento Rural da Mariña
Esther Teijeiro (Nogueira), Propietaria de adega na Ribeira Sacra
Iria Castro (Castroverde), Tradutora
Iria Vázquez (Vilalba), Sector Automobilístico
Isabel Calvete (San Román de Cervantes), Axente forestal
Isabel Gómez (Burgo de Negral – Friol), Sector Primario
Isabel Vilalba (Lourenzá), Gandeira, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego
Laura Vallejo (Meira), Sector forestal, agroinfluencer
Leticia Fernández (A Fonsagrada), Propietaria dunha ferraxería
Lourdes Abuide (Castroverde), Xornalista e propietaria dun futuro espazo cultural
Lucía Canoura (Xove), Propietaria negocio hostalería
Mar Pérez (Friol), Docente e investigadora
Mari Carmen Sánchez (Navia de Suarna), Emprendedora sector embutidos
Marisol Pereira (Torés – As Nogais), hostaleira
Marta Álvarez (Monterroso), Gandeira, sector agroalimentario
María Jesús Alonso (Burela), Redeira
María Nogueira (Castroverde), Fotógrafa
María Varela (Pidre – Palas de Rei), Copropietaria Casa Rural
Miriam Fernández (Insua – Vilalba), Historiadora, sector textil
Modesta Álvarez (Pedrafita do Cebreiro), Propietaria queixería e Centro de Hospedaxe
Natividade Fernández (Chantada), Orientadora
Nieves Medina (Burela), Conserveira
Patricia Villagarcía (A Fonsagrada), veterinaria
Paula Carrera (Vieiros – O Courel), Educadora Social
Raquel Abraira (Meira), Pasteleira
Rocío López (Láncara), Escritora
Rosa Mar Maseda (A Fonsagrada), Gandeira
Sabela Núñez (Muimenta – Cospeito), Docente de Matemáticas
Silvia Pena (Palas de Rei), Xornalista
Silvia Saavedra (Navia de Suarna), Mestra de Educación Infantil
Ugía Pedreira (Vilaronte – Foz), Compositora, creadora, docente
Usoa Areitio (Ernes – Negueira de Muñiz), Sector alimentario
Verónica Marcos (Os Ancares), Presidenta de Fademur Galicia
Verónica Núñez (Espandariz, Quiroga), Artesá de conservas
Verónica Page (Mondoñedo), Artesá